Instalamos un auténtico museo científico, idóneo para calquera idade alá onde se precise. Esta actividade achega aos participantes numerosos obxectos e inventos do ámbito tecnolóxico e científico, os cales son explicados de maneira sinxela, clara e amena por profesionais do sector.
Paquete de obradoiros nos que as rapazas e rapaces experimentan por sí mesmos, aprendendo nocións teóricas e fenómenos físicos, químicos e matemáticos dunha maneira lúdica e plenamente participativa e divertida. Esta actividade está dirixida a un público infantil e xuvenil, perfecta para Primaria.
Impartimos diversas conferencias cun enfoque motivacional para que así, diversos colectivos acaden nocións sobre:
- Creatividade
- Motivación
- Memoria
- Aprendizaxe
Organizamos a túa propia semana da ciencia, este tipo de semana é o noso produto estrela, básicamente consiste en que ti poidas personalizar o teu produto, mesturando entre os obradoiros, conferencias, museo científico, ect, resultando así nunha actividade completamente única.
Están destinados a unha temática moi concreta pero potente como:
-
- Excelentes mulleres científicas (E=mc²)
- Mulleres Nobeles
- LHC
- Einstein
- Proxecto Manhattan
- Proxecto Apollo
- Evolución
- Cerebro
- Evolución
- Proxecto Apollo
- Proxecto Manhattan
- Einstein
- LHC
- Mulleres Nobeles
- Excelentes mulleres científicas (E=mc²)