30/10/2018

Temática Científica Libre

Instalamos alá onde se precise unha potente sesión monográfica, cunha duración xenérica de 90 min, sobre a temática CIENTÍFICA que tí nos digas. Isto é ideal para adaptarnos o Proxecto Educativo Anual de cada colexio. Algúnhas temáticas son: o aire, o mar, o cine, viaxe a lúa, cociña, realidade virtual…

Outros mais complexos poden ser os seguientes:

  • Mulleres Nobeles

Cantas mulleres con premio Nobel houbo? E homes? Como o conseguiron e que aportaron á humanidade?

  • LHC

Un lugar onde o Universo está ao revés, é máis, tódalas leis científicas parecen perder o sentido CLÁSICO.

  • Einstein

Os experimentos facíaos directamente na súa cabeza, a súa intelixencia e imaxinación eran dun carácter completamente único.

  • Proxecto Manhattan

Por descontado que case todos coñecedes no que desembocou este proxecto… a bomba atómica.

  • Proxecto Apollo

A fascinante idea que acabou colocando ao ser humano no noso satélite natural.

  • Evolución

Viaxe invertida a nosa historia, a cal é moito mais complexa e abraiante do que estamos acostumados a crer…

  • Cerebro

O gran descoñecido. Por certo, sabes quen descubriu as neuronas?